Identificación
Álvaro Cunqueiro: O Centenario do seu nacemento
“Eiquí xaz alguén que coa sua obra fixo de Galicia durase mil primaveras máis” é a lenda que figura na tumba de Álvaro Cunqueiro no cemiterio do seu Mondoñedo natal e que reflexa a orixinal personalidade do seu autor.
En decembro deste ano, 2011, cumpriranse cen anos do nacemento en Mondoñedo dunha das grandes personalidades das nosas letras. Cunqueiro é un dos grandes tesouros da literatura galega. Un escritor galego, que definía a Galicia nunha entrevista na Televisión Española (TVE) como un lugar con moi rica tradición oral pero escasa memoria.
Para conmemorar o seu centenario, recóllense no presente monográfico os principais acontecementos da Biografía de Álvaro Cunqueiro Mora (1911-1981) así como as Obras de Cunqueiro máis salientables da súa extensa obra literaria, as cales permiten aproximarnos á narrativa, poesía, teatro, periodismo, etc., do escritor mindoniense.
Seguidamente, na sección aberta á participación, queremos saber Cómo che gustaría a ti celebrar o centenario do nacemento de Cunqueiro? Queremos coñecer a túa opinión! Para iso, animámosvos a que todos/as participedes nunha “tormenta de ideas”, para que, todos aqueles que o desexen, poidades aportar os vosos comentarios sobre qué actos, quedadas, talleres, etc., se poden facer no voso centro escolar, cidade, barrio, etc., con motivo desta conmemoración.
Así mesmo, ofrécense unha serie de Enlaces de interese, nos que se destacan os principais sitios existentes con material e información sobre este destacado escritor galego, que pretenden por de manifesto a importancia da figura do homenaxeado e a súa transcendencia no arte e a cultura da nosa Comunidade: Galicia.
Para finalizar, ofrecemos como peche deste monográfico, unha selección de Curiosidades e eventos sobre Álvaro Cunqueiro, que esperamos que resulten do voso interese.
-
Biografía de Álvaro Cunqueiro (1911-1981)
Accede á biografía completa da vida dun dos máis polifacéticos escritores da literatura galega, nacido na cidade lucense de Mondoñedo.
-
Obras de Cunqueiro
A obra de Cunqueiro é unha das más ricas, non só da literatura galega, senón de toda a literatura española deste século: fresca, culta, imaxinativa e estilísticamente impecable.
-
Cómo che gustaría celebrar o centenario do nacemento de Cunqueiro?
Coméntanos as túas ideas sobre a conmemoración do centenario do escritor galego, Álvaro Cunqueiro, e coñece as ideas do resto da comunidade educativa en torno a este acontecemento.
-
Enlaces de interese sobre Cunqueiro
Unha selección dos principais sitios existentes con material e información sobre este destacado escritor galego, para que poidades escoitar e desfrutar do mundo cunqueiriano.
-
Curiosidades e eventos sobre Cunqueiro
Recóllense algunhas curiosidades e eventos que tiveron, teñen ou han de ter lugar en Galicia, arredor da a figura do novelista, autor teatral, traductor, periodista e gastrónomo galego.
-
Actividades lúdico-didácticas e recursos educativos sobre Cunqueiro
¿Qué actividades lúdico-didácticas se poden realizar nas aulas de ensino da nosa comunidade sobre a figura de Cunqueiro? Accede a esta sección con moitas ideas.